Benvidos á nosa web
Esta páxina responde á necesidade de traballo dos cristiáns galegos que pediron repetidas veces que publicasemos a Biblia en galego para facilitar o traballo catequético e pastoral, pois ben, aquí o tedes para poder traballar os textos bíblicos na catequese, nos colexios, nas reunións, nas oracións... en calquera circunstancia en que o necesitedes.
Estamos para axudar.
Cumpridos 25 anos da publicación da Biblia en galego:
www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/10/26/biblia-galego/0003_201410G26P17993.htm
Aviso ós visitantes
Coma sempre este é un espacio para compartir, como a min me chegaron estes escritos así os comparto con vós, non gañamos nada con esta web máis que o sentido evanxélico de poñer todo en común. Se por calquera circunstancia houbese algún problema co contido desta páxina non hai máis que poñerse en contacto a través do correo para evitar calquera conflito.
WEB AUTORIZADA POLA EDITORIAL SEPT
![](https://466e6a0ef1.clvaw-cdnwnd.com/dcfa5327f9573b52101e8412a47f6be6/200000148-049d6069d8/logo SEPT.png)
FORMATO DIXITAL
Tedes a disposición unha versión do Novo Testamento en formato dixital para móbiles, tablets e Ipads.
Déixovos unhas palabras dos autores, que comparten con nós o seu traballo:
![](https://466e6a0ef1.clvaw-cdnwnd.com/dcfa5327f9573b52101e8412a47f6be6/200000126-74bc9759bc/biblia dixital 1.jpg)