Capítulos 6-10

Capítulo 6

 

1Fillos de Leví: Guerxom, Quehat e Merarí.

2Fillos de Guerxom: Libní e Ximí. 3Fillos de Quehat: Amram, Ishar, Hebrón e Uziel. 4Fillos de Merarí: Mahlí e Muxí. Estas son as familias de Leví.

5Descendentes de Guerxom: Libní, Iáhat, Zimah; 6Ioah, Idó, Zérah e Ieatrai. 7Descendentes de Quehat: Aminadab, Córah, Asir, 8Elcanah, Abiasaf, Asir, 9Táhat, Uriel, Uzías e Xaúl. 10Fillos de Elcanah: Amasai e Ahimot, 11pai de Elcanah, pai de Sofai, pai de Náhat, 12pai de Eliab, pai de Ieroham, pai de Elcanah. 13Fillos de Samuel: Ioel, o primoxénito, e Abías, o segundo. 14Fillos de Merarí: Mahlí, Libní, Ximí, Uzá, 15Ximá, Haguías e Asaías.

16Mestres do coro, nomeados por David para o servizo do canto no templo de Iavé, cando a arca tivo alí o seu lugar de acougo. 17O seu oficio consistía en cantar diante do tabernáculo, na Tenda do Encontro, ata que Salomón edificou o templo de Iavé en Xerusalén. Máis tarde realizaron nel as súas funcións coma de costume.

18Velaquí os que oficiaban, con seus fillos: dos fillos de Quehat: Hemán, como cantor, fillo de Ioel, fillo de Samuel, 19fillo de Elcanah, fillo de Ieroham, fillo de Eliel, fillo de Toah, 20fillo de Suf, fillo de Elcanah, fillo Amasai, 21fillo de Elcanah, fillo de Ioel, fillo de Azarías, fillo de Sofonías, 22fillo de Táhat, fillo de Asir, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, 23fillo de Ishar, fillo de Quehat, fillo de Leví, fillo de Israel.

24Seu irmán Asaf estaba á súa dereita; Asaf, fillo de Berequías, fillo de Ximá, 25fillo de Micael, fillo de Baseías, fillo de Malaquías, 26fillo de Etní, fillo de Zérah, fillo de Adaías, 27fillo de Etán, fillo de Zimah, fillo de Ximí, 28fillo de Iáhat, fillo de Guerxom, fillo de Leví.

29A súa esquerda estaban seus irmáns, os fillos de Merarí: Etán, fillo de Quixí, fillo de Abdí, fillo de Maluc, 30fillo de Haxabías, fillo de Amasías, fillo de Hilquías, 31fillo de Amasí, fillo de Baní, fillo de Xémer, 32fillo de Mahlí, fillo de Muxí, fillo de Merarí, fillo de Leví.

33Seus irmáns, os levitas, tiñan ó seu cargo todo o servizo do tabernáculo do templo.

34Aharón e seus fillos eran os que ofrecían os sacrificios no altar dos holocaustos e queimaban incenso no altar dos perfumes, cumprindo estes servizos no Santo dos Santos e facendo a expiación por Israel conforme todo o que mandara Moisés, servo de Iavé.

35Velaquí os fillos de Aharón: Elazar, Pinhás, Abixúa, 36Buquí, Uzí, Zerahías, 37Meraiot, Amarías, Ahitub, 38Sadoc, Ahimaas.

 

Cidades levíticas

 

39Estas son as súas residencias segundo os límites dos seus campamentos. Os fillos de Aharón, da familia de Quehat, sinalados pola sorte, 40déuselles Hebrón, na terra de Xudá, cos eixidos dos arredores; 41pero o territorio da cidade e as súas aldeas foron dados a Caleb, fillo de Iefuneh.

42Déronlles, pois, ós fillos de Aharón a cidade de Hebrón como cidade refuxio, Libnah cos seus contornos, Iatir e Extemóah, tamén cos seus contornos; 43Hilez cos seus eidos e Debir cos seus eidos; 44Axán cos seus eidos, Bet-Xémex cos seus eidos; 45da tribo de Benxamín déronlles: Gueba cos seus eidos; Alémet cos seus eidos e Anatot cos seus eidos. As súas cidades foron trece en total, segundo as súas familias.

46Os outros fillos de Quehat tocáronlles en sorte dez cidades da tribo de Efraím, da tribo de Dan e da media tribo de Menaxés.

47Os fillos de Guerxom, segundo as súas familias, tiveron trece cidades da tribo de Isacar, da tribo de Axer, da tribo de Naftalí e da tribo de Menaxés en Baxán.

48Os fillos de Merarí, segundo as súas familias, tiveron por sorte doce cidades da tribo de Rubén, da tribo de Gad e da tribo de Zebulón.

49Os fillos de Israel déronlles ós levitas estas cidades cos seus contornos.

50Déronllelas ás sortes, da tribo de Xudá, da tribo de Simeón e da tribo dos fillos de Benxamín, ás que lles puxeron os seus propios nomes.

51As familias de Quehat tocáronlles en sorte cidades na tribo de Efraím.

52Déronlles, con dereito de asilo, as cidades de Xequem, no monte de Efraím e os seus contornos; a de Guézer cos seus contornos; 53a de Iocmeam cos seus contornos; a de Bethorón, cos seus contornos; 54a de Aialón cos seus contornos; e a de Gat-Rimón cos seus contornos.

55Na media tribo de Menaxés, Aner, cos seus contornos; e Bilam, cos seus contornos, foron para aqueles que quedaban das familias de Quehat.

56As familias de Guerxom tocáronlles en sorte: da media tribo de Menaxés, Golán de Baxán, cos seus contornos; e Axtarot cos seus contornos.

57Da tribo de Isacar, Axperón cos seus contornos; Daberat cos seus contornos; 58Ramot cos seus contornos; e Anem cos seus contornos.

59Da tribo de Axer, Maxal, cos seus contornos; Abdón cos seus contornos; 60Hucoq cos seus contornos; e Rehob cos seus contornos.

61Da tribo de Naftalí, Cadex de Galilea cos seus contornos; Hamón cos seus contornos; e Quiriataim cos seus contornos.

62Para os restantes fillos de Merarí, déronlles: da tribo de Zebulón, Rimón cos seus contornos; e Tabor cos seus contornos.

63Na outra parte do Xordán, de fronte a Iericó, ó leste do río Xordán, da tribo de Rubén déronlles: Béser no deserto cos seus contornos; Iahsah cos seus contornos; 64Quedemot cos seus contornos; e Mefáat cos seus contornos.

65Da tribo de Gad: Ramot en Galaad cos seus contornos; Mahamaim cos seus contornos; 66Hexbón cos seus contornos; e Iazer cos seus contornos.

 

Descendentes de Isacar

 

Capítulo 7

 

1Fillos de Isacar: Tolá, Fúah, Iaxub e Ximrón: catro en total. 2Fillos de Tolá: Uzí, Refaías, Ieriel, Iahmai, Ibsam e Samuel, xefes das familias de Tolá, homes todos capacitados para o exercicio das armas. O seu número no tempo de David era de vinte e dous mil seiscentos. 3Fillo de Uzí: Izrahías; fillos de Izrahías: Micael, Abdías, Ioel, Ixías: en total cinco xefes. 4Tiñan, segundo as súas xenealoxías polas casas paternas, trinta e seis mil homes armados para a loita, pois eran moitas as mulleres e fillos. 5Seus irmáns de todas as  familias de Isacar, homes guerreiros, facían un total de oitenta e sete mil; todos estaban rexistrados nas xenealoxías.

 

Descendentes de Benxamín

 

6Fillos de Benxamín: Bela, Béquer e Iediael: tres en total. 7Fillos de Bela: Esbón, Uzí, Uziel, Ierimot e Irí: cinco en total. Eran xefes das familias de seus pais e homes guerreiros; tamén estes estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinte e dous mil trinta e catro. 8Fillos de Béquer: Zemirah, Ioax, Eliézer, Elioenai, Omrí, Ierimot, Abías, Anatot e Alémet, todos eles fillos de Béquer, 9rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas xeracións, coma xefes das familias de seus pais, e homes guerreiros en número de vinte mil douscentos. 10Fillo de Iediael: Bilhán. Fillos de Bilhán: Iehux, Benxamín, Ehud, Quenanah, Zetán, Tárxix e Ahixáhar, 11todos eles fillos de Iediael; como xefes das familias de seus pais e homes guerreiros estaban rexistrados en número de dezasete mil douscentos, preparados para tomaren armas e marchar á guerra.

12Os xufitas e os hupitas eran fillos de Ir; e os huxitas, fillos de Aher.

 

Descendentes de Naftalí

 

13Fillos de Naftalí: Iahsiel, Guní, Iéser e Xalum, fillos de Bilhah.

 

Descendentes de Menaxés

 

14Fillos de Menaxés: Asriel e Maquir, pai de Galaad. Os dous eran fillos dunha concubina aramea. 15Maquir tomou muller dos xufitas e hupitas. Súa irmá chamábase Macah. O nome do segundo fillo era Selofhad. Selofhad tivo fillas. 16Macah, muller de Maquir, pariu un fillo e chamoulle Pérex; seu irmán chamouse Xárex, e foron seus fillos Ulam e Ráquem. 17Fillo de Ulam: Bedán. Estes son os fillos de Galaad, fillo de Maquir, fillo de Menaxés. 18Súa irmá Hamoléquet pariu a Ixhod, Abiézer e a Mahlah. 19Fillos de Xemidá: Ahián, Xequem, Lichí e Aniam.

 

Descendentes de Efraím

 

20Fillos de Efraím: Xutélah, pai de Béred, pai de Táhat; 21pai de Zabad, pai de Xutélah, pai de Ézer e Elad. Os homes de Gat, oriúndos do territorio, matáronos cando baixaban para recoller o seu gando. 22Efraím, seu pai, fixo moito tempo dó por eles, e os seus irmáns viñeron consolalo. 23Despois foi onda súa muller, que concebiu e pariu un fillo; chamábase Beriah, pola desgraza na que se atopaba a súa familia.

24Tivo por fillo a Xerah, que edificou Bethorón Alto e Baixo, e Uzén Xerah; 25 a Réfah, pai de Xutélah, pai de Táhan; 26pai de Ladán, pai de Amihud, pai de Elixamá; 27pai de Nun, pai de Xosué.

28Tiñan habenza e morada en Betel e nas cidades da súa dependencia; ó oriente, Narán; ó occidente, en Guézer e nas cidades da súa dependencia; en Xequem e nas cidades da súa dependencia, ata Aiah e as cidades da súa dependencia. 29Os fillos de Menaxés posuían Bet-Xeán e as cidades da súa dependencia, Zanac a as cidades da súa dependencia, Dor e as cidades da súa dependencia. Nestas cidades habitaron os fillos de Xosé, fillo de Israel.

 

Descendentes de Axer

 

30Fillos de Axer: Imná, Ixvah, Ixví, Beriah e Sénah, súa irmá. 31Fillos de Beriah: Héber e Malquiel. Malquiel era pai de Birzáit. 32Héber xerou a Iaflet, Xomer, Hotam e Xuá, irmá destes. 33Fillos de Iaflet: Pasac, Bimhal e Axvat. Estes son os fillos de Iaflet. 34Fillos de Xomer: Ahí Rohgah, Iahbá e Aram.

35Fillos de Hélem, seu irmán: Sofah, Imná, Xélex e Amal. 36Fillos de Sofah: Súah, Harnéfer, Xual, Berí e Imrah; 37Béser, Hod, Xamá, Xilxah, Itrán e Beerá. 38Fillos de Iéter: Iefuneh, Pispah e Ará.

39Fillos de Ulá: Arah, Haniel e Risías.

40Todos estes fillos de Axer eran xefes das casas de seus pais, homes selectos e guerreiros; xefes de príncipes. Estaban rexistrados nas xenealoxías en número de vinte e seis mil, preparados para a loita.

 

Descendentes de Benxamín

 

Capítulo 8

 

1Benxamín xerou a Bela, seu primoxénito, a Axbel, o segundo; a Ahrah, o terceiro; 2a Nohah, o cuarto, e a Rafá, o quinto. 3Fillos de Bela: Adar, Guerá, pai de Ehud, 4Abixúah, Naamán, Ahóah, 5Guerá, Xefufán e Huram. 6Velaquí os fillos de Ehud, que eran xefes de familias entre os habitantes de Gueba e foron deportados a Manáhat: 7Naamán, Ahías e Guerá. Este foi quen os deportou e xerou a Uzá e Ahihud.

8Saharaim xerou fillos na terra de Moab despois de deixar as súas mulleres Huxim e Bará. 9E da súa nova muller tivo: Iobab, Sibiá, Mexá, Malcam, 10Ieús, Saquías e Mirmah. Estes son os seus fillos, xefes de familia. 11De Hixim tivo: Abitub e Elpáal. 12Fillos de Elpáal: Héber, Mixam e Xémed, que edificou Onó, Lod e as cidades da súa dependencia. 13Berías e Xemá, que eran xefes de familia entre os habitantes de Aialón, fixeron fuxir ós habitantes de Gat.

14Ahío, Xaxac, Ieremot, 15Zebadías, Arad, Éder, 16Micael, Ixpah e Iohá, fillos de Berías. 17Zebadías, Mexulam, Nizquí, Héber, 18Hixmerai, Izliá e Iobab eran fillos de Elpáal. 19Iaquim, Zicrí, Zabdí, 20Elienai, Siltai, Eliel, 21Adaías, Beraías e Ximrat, eran fillos de Ximí. 22Ixpán, Héber, Eliel, 23Abdón, Zicrí, Hanán, 24Ananías, Elam, Antotías, 25Ifdías e Penuel eran fillos de Xaxac. 26Xamxerai, Seharías, Atalías, 27Iarexías, Elías e Zicrí eran fillos de Ieroham.

28Estes eran xefes de familia, segundo as súas liñaxes. Habitaban en Xerusalén.

29O pai de Gabaón habitaba en Gabaón. O nome da súa muller foi Macah. 30Seu primoxénito era Abdón; despois, Sur, Quix, Báal, Ner, Nadab, 31Guedor, Ahió, Zéquer e Miclot. 32Miclot xerou a Ximah. Estes habitaron tamén con seus irmáns en Xerusalén. 33Ner xerou a Quix; Quix xerou a Xaúl, Xaúl xerou a Ionatán, Malquixúa, Abinadab e Exbáal. 34Fillo de Ionatán foi Meribaal; Meribaal xerou a Micah. 35Fillos de Micah: Pitón, Mélec, Tarea de Ahaz. 36Ahaz xerou a Iehoiadah, Iehoiadah xerou a Alémet, Azmávet e Zimrí; Zimrí xerou a Mosá, 37Mosá xerou a Biná, pai de Rafá, pai de Elasah, pai de Asel; 38Asel tivo seis fillos: Azricam, Bocrú, Ismael, Xearías, Abdías e Hanán. Estes foron fillos de Asel. 39Os fillos de Éxec, seu irmán: Ulam, o primoxénito; Iehux, o segundo; Elifélet, o terceiro. 40Os fillos de Ulam eran fortes, guerreiros e arqueiros. Tiveron moitos fillos e netos, cento cincuenta en total. Todos estes son fillos de Benxamín.

 

Capítulo 9

 

1Todo Israel está rexistrado nas xenealoxías e inscrito no libro dos Reis de Israel. Xudá foi levado preso a Babilonia polas súas infidelidades.

 

Habitantes de Xerusalén á volta da catividade

 

2Os primeiros habitantes que ocuparon de novo as súas posesións, e as súas cidades eran israelitas, sacerdotes, levitas e natineos. 3En Xerusalén establecéronse fillos de Xudá, fillos de Benxamín, fillos de Efraím e de Menaxés. 4Dos descendentes de Peres, fillo de Xudá: Utai fillo de Amihud, fillo de Omrí, fillo de Imrí, fillo de Baní. 5Dos xilonitas: Asaías, o primoxénito, e seus fillos. 6Dos fillos de Zérah: Ieuel e seus irmáns, seiscentos noventa. 7Dos fillos de Benxamín: Salú, fillo de Mexulam, fillo de Hodavías, fillo de Asnuá; 8Ibneías, fillo de Ieroham; Elú, fillo de Uzí, fillo de Micrí; Mexulam, fillo de Xefatías, fillo de Reuel, fillo de Ibnías, 9e seus irmáns, segundo as súas xeracións, novecentos cincuenta e seis. Todos estes eran xefes de familia nas casas de seus pais.

10Sacerdotes: Iedaías, Iehoiarib e Iaquín; 11Azarías, fillo de Hilquías, fillo de Mexulam, fillo de Sadoc, fillo de Meraiot, fillo de Ahitub, xefe do templo; 12Adaías, fillo de Ieroham, fillo de Pashur, fillo de Malaquías; Masai, fillo de Adiel, fillo de Iahzerah, fillo de Mexulam, fillo de Mexilemit, fillo de Imer, 13e seus irmáns, xefes das casas de seus pais, mil setecentos sesenta homes fortes, ocupados en servir o templo.

14Levitas: Xemaías, fillo de Haxub, fillo de Azricam, fillo de Haxabías, dos fillos de Merarí; 15Bacbacar, Hérex, Galal, Matanías, fillo de Miqueas, fillo de Zicrí, fillo de Asaf; 16Abdías, fillo de Xemaías,  fillo de Galal, fillo de Iedutún; Berequías, fillo de Asá, fillo de Elcanah, que habitou nos poboados de Netofat. 17Porteiros: Xalum, Acub, Talmón, Ahimán. Seu irmán Xalum era o xefe. 18E ata hoxe está na porta do rei, no oriente. Estes son os porteiros do campamento dos levitas. 19Xalum, fillo de Coré, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, e seus irmáns. Os coreítas tiñan ó seu cargo a garda da entrada da Tenda, seus pais fixeran a garda na entrada do campamento de Iavé. 20Pinhás, fillo de Elazar, foi antes o seu xefe. E Iavé estivo con el. 21Zacarías, fillo de Mexelenías, era porteiro da entrada da Tenda do Encontro. 22Eran, con todos, cento doce elixidos para porteiros da entrada, e rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas cidades. David e Samuel, o vidente, elixíronos para as súas funcións. 23Eles e os seus fillos gardaban as portas do templo da Tenda. 24Había porteiros ós catro ventos, a oriente e occidente, a norte e a mediodía. 25Seus irmáns residían nas súas aldeas; tiñan que vir de tempo en tempo por sete días; 26pero estes catro xefes dos porteiros, estes levitas, estaban sempre en funcións, e tiñan ademais ó seu cargo a vixilancia das cámaras e dos tesouros do templo. 27Pasaban a noite arredor da casa de Deus, da que tiñan a garda e a que tiñan que abrir cada mañá.

28Uns estaban encargados das cousas do culto. Levaban conta delas ó introducilas e sacalas. 29Outros coidaban de todas as  cousas do santuario, como a flor de fariña, o viño, o aceite, o incenso e os perfumes. 30Os fillos dos sacerdotes facían a mestura dos perfumes. 31Matatías, un dos levitas, primoxénito de Xalum, coreíta, coidaba das tortas que se fritían nas tixolas; 32e algúns de seus irmáns de entre os quehatitas tiñan ó seu cargo preparar todos os sábados os pans da proposición. 33Os cantores, xefes de familia dos levitas, que moraban nas cámaras, sen outra función ningunha, porque día e noite estaban na súa. 34Eran os xefes de familia dos levitas, xefes segundo as súas xeracións. Habitaban en Xerusalén.

35O pai de Gabaón, Ieiel, habitaba en Gabaón, e o nome da súa muller era Macah. 36Abdón era o seu primoxénito; despois viñan Sur, Quix, Báal, Ner, Nadab, 37Guedor, Ahió, Zacarías e Miclot. 38Miclot xerou a Ximah. Estes habitaban tamén en Xerusalén con seus irmáns. 39Ner xerou a Quix; Quix xerou a Xaúl; Xaúl xerou a Ionatán, Malquixúa, Abinadab e Exbáal. 40Fillo de Ionatán foi Meribaal; Meribaal xerou a Micah. 41Os fillos de Micah foron Pitón, Mélec, Tahrea e Acaz. 42Acaz xerou a Iarah; Iarah xerou a Alémet, Azmávet e Zimrí; Zimrí xerou a Mosá; 43Mosá xerou a Biná, pai de Refaías, pai de Ehasah, pai de Asel. 44Asel tivo seis fillos que polo seu nome son Azricam, Bocrú, Ismael, Xearías, Abdías e Hanán. Estes son os fillos de Asel.

 

Morte de Xaúl

 

Capítulo 10

 

1Mentres tanto, os filisteos deron batalla a Israel e os homes de Israel fuxiron ante eles. Moitos deles caeron mortos no monte de Guilboa.

2Os filisteos perseguiron a Xaúl e ós seus fillos, e mataron a Ionatán, Abinadab e Malquixúa, fillos de Xaúl. 3O peso da batalla caeu sobre Xaúl; os arqueiros descubrírono e ferírono.

4Entón dixo Xaúl ó seu escudeiro: ‑"Saca a espada e traspásame con ela, para que non veñan eses incircuncisos e se moqueen de min". Pero o escudeiro non quixo porque tremía de medo. Entón Xaúl tomou a súa espada e deixouse caer sobre ela. 5Cando o escudeiro viu que Xaúl morrera, botouse tamén sobre a súa espada e morreu.

6Así morreu Xaúl e os seus tres fillos. Con eles desapareceu toda a súa familia.

7Cando os israelitas do val viron que Israel fuxía e que Xaúl e seus fillos morreran, deixaron as súas cidades para fuxiren tamén eles. Os filisteos viñeron inmediatamente e establecéronse nelas.

8Pero outro día, pola mañá, viñeron os filisteos para espoliar os mortos, e atoparon a Xaúl e os seus fillos mortos no monte Guilboa.

9Espoliáronos e levaron as súas cabezas e as súas armas, pregoando as boas novas por toda a terra dos filisteos, ós seus ídolos e ó seu pobo.

10As armas de Xaúl puxéronas no templo do seu deus, e a cabeza colgárona no templo de Dagón.

11Os veciños de Iabex-Galaad, en oíndo o que fixeran os filisteos con Xaúl, 12levantáronse, tomaron o corpo de Xaúl e de seus fillos, e leváronos a Iabex. Enterraron os seus ósos debaixo dun carballo, en Iabex, e fixeron xaxún por sete días.

13Deste xeito morreu Xaúl, porque se fixera culpable de infidelidade para con Iavé, de quen non seguiu a súa palabra, e por consultar os feiticeiros que invocan ós mortos, 14en vez de consultar a Iavé. Por iso Iavé fíxoo morrer, entregándolle o reino a David, fillo de Ixaí.